Deseño para unha vida mellor

QDRUM é un recipiente de auga en forma de tambor deseñado en Sudáfrica para aliviar a carga diaria da recolección de auga. Lembremos que nas zonas rurais do mundo en desenvolvemento moitas mulleres e nenos deben facer varias viaxes cada día a un río, pozo ou fonte para recoller auga para as súas familias. Este recipiente afórralles tempo porque lles permite transportar  50 litros nunha soa viaxe. Tamén axuda a previr lesións nas costas e o pescozo causados polo transporte de cargas pesadas sobre a cabeza.

A súa particularidade reside nun buraco central a través do cal se ata unha corda, para tirar facilmente ou rodar o tambor a través de calquera tipo de terreo.

Está fabricado a partir de polietileno de baixa densidade lineal polo que é practicamente indestructible e o suficientemente resistente para durar, polo menos, oito anos usado diariarmente. Non ten asas extraíbles ou outros accesorios de metal que poderían perderse ou romper. O cable utilizado para tirar do QDRUM pode ser reparado no acto ou, en caso de perda, ser substituído facilmente.

Publicado en Sabías que? | Deixa un comentario

The Ocean cleanup


The Ocean CleanUp é un proxecto innovador para limpar o lixo plástico dos océanos, un dos problemas máis perentorios da contaminación ambiental. Boyan Slat, un mozo holandés de 19 anos, é o autor deste proxecto que propón aproveitar as correntes e os ventos que desprazan o lixo de forma pasiva para conducila directamente a unha plataforma que a recolla, colocando para iso barreiras flotantes sólidas que poidan captala  e concentrala sen afectar á fauna. O custo deste proxecto ascendería a un 40 millóns de dólares anuais, unhas 33 veces máis económico en comparación con outros métodos propostos para solucionar este problema. Lembremos que este método é só parte da solución. En primeiro lugar, temos que cambiar os nosos hábitos, para evitar que máis plástico chegue aos océanos. O equipo de Boyan Slat xa realizou con éxito unha proba nas Illas Azores.

Publicado en Sabías que? | Deixa un comentario

O sorriso do Universo

O centro desta imaxe, tomada pola NASA/ Telescopio Espacial Hubble ESA, é o cúmulo de galaxias SDSS J1038 + 4849 e parece estar a sorrir. Podes ver os seus dous ollos de cor laranxa e o nariz branco. No caso desta cara feliz, os dous ollos son galaxias moi brillantes e as liñas do sorriso enganosas son realmente arcos causados por un efecto coñecido como lentes gravitacionais fortes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Publicado en A imaxe do día | Deixa un comentario

Fontarnauita, un novo mineral

Fontarnauita é o nome elixido para un novo mineral que foi presentado hoxe mércores 4 de febreiro  en Barcelona. Este sal dobre de sodio e estroncio con potasio e calcio, de fórmula (Na,K)2(Sr,Ca)(SO4)[B5O8(OH)].2H2O foi descuberta en 2.009 por expertos dos Centros Científicos e Tecnolóxicos e da Facultade de Xeoloxía da Universidade de Barcelona nunhas sondaxes xeolóxicas na conca sedimentaria de Emet, na rexión turca de Anatolia, nun dos xacementos do Mioceno máis importantes do mundo en boratos minerais. Con todo, non foi até o pasado 8 de setembro cando foi aprobado como novo mineral pola CNMNC (Commission on New Minerals, Nomenclature and Classification) da Asociación Mineralógica Internacional (IMA). O seu curioso nome elixiuse para homenaxear ao científico catalán Ramon Fontarnau i Griera (1.944-2.007), responsable do primeiro microscopio electrónico de varrido de España e de varios dos equipamentos (difracción de raios X, microscopia electrónica e microsonda electrónica) que se empregaron para caracterizar o novo mineral.

Publicado en A imaxe do día, Sabías que? | Deixa un comentario

Usa o teu poder

Faltan menos de 60 días para que persoas, organizacións, empresas, cidades e monumentos emblemáticos de todo o mundo apaguen as súas luces durante unha hora para marcar A Hora do Planeta 2015,  novena edición do maior movemento ambiental mundial. A Hora do Planeta 2015 terá lugar o 28 de marzo 2015 entre as 8:30 e 9:30 p.m. (hora local) e a conta atrás para a Hora do Planeta iniciouse co lanzamento do vídeo oficial da campaña deste ano, cunha mensaxe clara: Usa o teu poder para cambiar o cambio climático. O tema musical Pompeii da banda de rock británica Bastille é o vídeo de dous minutos de música que mostra como A Hora da Terra pode alentar ás persoas e organizacións en todo o mundo a tomar medidas contra o cambio climático. Nel, aparecen momentos memorables de edicións anteriores da Hora do Planeta e declaracións de poderosos líderes mundiais e personalidades coñecidas, como o Secretario Xeral da ONU Ban Ki-moon, o presidente estadounidense Barack Obama ou os actores Emma Thompson, Li Bingbing e Marc Ruffalo. Na actualidade, A Hora do Planeta é recoñecida como a maior campaña ambiental mundial capaz de mobilizar miles de millóns de persoas en máis de 163 países.


 

Publicado en A imaxe do día, Sabías que? | Deixa un comentario

Unha nova especie de dinosauro

Paleontólogos da Universidade de Alberta (Canadá) descubriron unha nova especie de dinosauro herbívoro cun pescozo que chegaba aos 7,5 m de lonxitude. Este achado foi posible a partir dun esqueleto fósil atopado en China ao que se bautizou como Qijianglong (dragón de Qijiang) polo seu descubrimento preto de Qijiang City. Os restos atopados teñen a peculiaridade de manter a cabeza unida ao pescozo, un acontecemento pouco frecuente  (só no 5% dos casos) pois a cabeza é tan pequena que se desprende facilmente tras a morte do animal. Qijianglong foi un dinosauro terrestre que medía uns 15 metros de lonxitude e viviu fai uns 160 millóns de anos, durante o Xurásico tardío. A pesar do seu enorme tamaño tiña un pescozo lixeiro pero sorprendentemente ríxido e con maior mobilidade en flexión vertical que cara aos lados, polo que o seu movemento sería similar a un guindastre de construción. O esqueleto atópase agora nun museo en Qijiang.

Publicado en A imaxe do día, Sabías que? | Deixa un comentario

Implante de última xeración

Unha nena de 8 anos diagnosticada dunha malformación de oído medio e interno, que daba lugar a unha perda importante de audición, foi operada na Clínica Universidade de Navarra do primeiro implante de oído medio de última xeración en España. A cirurxía foi efectuada o pasado 4 de decembro e a exitosa activación tivo lugar o día 12 deste mes.

O novo implante é un sistema avanzado de implante de oído medio que se coloca nalgún elemento da cadea de ósos  ou nalgunhas das entradas ao oído interno mediante intervención cirúrxica. A vantaxe máis significativa do novo implante respecto dos audífonos está nunha calidade do son moi superior, evítanse  algúns problemas que poden derivarse do uso de audífonos, como irritación ou infeccións, debidos aos moldes que deben colocarse no conduto auditivo e a paciente poderá  someterse posteriormente a resonancias magnéticas sen a necesidade de retirar o implante.

Ilustración do novo implante avanzado de oído medio. (CUN)-Diario Médico

Publicado en Saúde | Deixa un comentario

Berros contra a SIDA

Cada 1 de decembro, Día Mundial da SIDA, persoas de todo o mundo aúnan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar a súa solidariedade internacional ante a pandemia. Segundo as cifras de 2008 publicadas pola OMS, hai actualmente 33,4 millóns de afectados polo VIH. Estímase que este ano resultaron infectadas polo virus 2,7 millóns de persoas, e que 2 millóns morreron de SIDA. O África subsahariana continúa sendo a rexión máis afectada polo VIH. En 2008, dita rexión tiña o 67% das infeccións por VIH a nivel mundial, 68% dos novos casos nos adultos e o 91% das novas infeccións nos nenos.

En España, case un terzo dos 4.000 novos infectados por VIH cada ano son mozos de entre 20 e 29 anos, aínda que a maioría dos novos infectados teñen unha media de 37 anos e contaxiáronse por vía sexual no 80 % dos casos. Os mozos, conscientes das vías de transmisión, non adoitan presentar a percepción do risco porque a maioría coñeceron a enfermidade nun momento no que a gravidade da infección non é a de hai unhas décadas. A cronificación da enfermidade fai que, ademais, non tomen as medidas de prevención adecuadas.

Noise against AIDS (Berros Sigue lendo

Publicado en A imaxe do día, Sabías que?, Saúde | Deixa un comentario

Árbores tecnolóxicas

A empresa de tecnoloxía Sologic desenvolveu unha “árbore” feita con tubos de metal adornada con 7 paneis solares, a modo de follas, que está deseñada para integrarse nos parques e outros espazos públicos. Esta árbore tecnolóxica, bautizada como eTree, está actualmente “plantada” en Ramat Hanadiv Garden, Israel.  Ademais de ofrecer sombra, eTree  ten un sistema de refrixeración de auga a disposición de persoas e animais, un punto de acceso Wi-Fi, unha sistema para cargar ata 35 dispositivos portátiles simultaneamente, produce  1.4 kW por hora  e ilumínase con LEDs durante a noite. A árbore metálica coa súa follaje de imitación foi deseñada polo físico israelí  Yoav Ben-Dov. O eTree custa  preto de 79 mil euros, un prezo desorbitado  especialmente se pensamos “plantar” estas árbores en países  pobres.

Publicado en A imaxe do día, Sabías que? | Deixa un comentario

Mares de plástico

Hai uns anos que os científicos teñen datos preocupantes sobre a existencia de grandes acumulacións de residuos plásticos nos océanos.

Andrés Cózar,  biólogo mariño que traballa na Universidade de Cádiz publicou o primeiro mapa da distribución dos refugallos plásticos na superficie do océano na prestixiosa revista Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS, polas súas siglas en inglés).

Para a súa elaboración, Cózar baseouse nos datos recollidos durante a Expedición científica Malaspina 2.010 e a información obtida durante outras campañas nas rexións polares, o Pacífico Sur e o Atlántico Norte. Os científicos tomaron preto de 200.000 mostras de auga, plancto, partículas da atmosfera e gases en 313 puntos dos océanos Índico, Pacífico e Atlántico con profundidades de até 6.000 metros. A bordo mediron a temperatura e salinidade, as propiedades da superficie, a acústica das correntes mariñas, a concentración de osíxeno e dióxido carbono no mar e na atmosfera e o alcance da luz solar, entre outros parámetros.

Os datos amosan que o problema da contaminación por residuos plásticos ten carácter planetario. Os principais residuos atopados son polietileno e polipropileno, polímeros empregados na elaboración de produtos de uso diario como bolsas, colectores de bebida e comida, utensilios de cociña e xoguetes.

Estes microplásticos inflúen no comportamento e na cadea alimenticia dos organismos mariños. Por unha banda, os diminutos fragmentos plásticos a miúdo acumulan contaminantes que, en caso de inxesta, poden pasar aos organismos durante a dixestión. Ademais, os plásticos son os responsables dunha gran cantidade de obstrucións gastrointestinais. Pero, como sinala Andrés Cózar, a maior parte dos impactos que está a causar a contaminación por plástico nos océanos aínda non se coñecen.

Publicado en Cambio climático, Sabías que? | Deixa un comentario