O que din as túas orellas

Imagen2A doutora Claudia Rodríguez López, do Departamento de Medicina Preventiva e Saúde Pública e Microbioloxía da Facultade de Medicina da Universidade Autónoma de Madrid  e o doutor Esteban López de Sá,  da Unidade de Coidados Agudos Cardiolóxicos do Hospital Universitario La Paz (Madrid) son os asinantes dun traballo de investigación presentado no  Congreso de Enfermidades Cardiovasculares  que se celebrou en Santiago de Compostela que determina que os pliegues cunha inclinación de 45º en ambas orellas deben ser considerados como marcadores de enfermidade cardiovascular, o que podería derivar nun infarto ou nun ictus.

A orella e o nariz son os únicos órganos que crecen durante toda a vida, por iso, cando unha persoa padece enfermidade arterioesclerótica tamén sofre pequenas lesións vasculares en diversas zonas. Se se dan este tipo de lesións na orella, prodúcese un crecemento desigual fomentando o pliegue.

López de Sá afirma que a forma do lóbulo da orella pode indicar ao médico a primeira ollada que a persoa podería padecer unha enfermidade cardiovascular ou múltiples factores de risco cardiovascular. Para chegar a esta conclusión, os doutores analizaron a 300 suxeitos cuxas orellas foron fotografadas e clasificadas segundo as características do pliegue: bilateralidade, inclinación, lonxitude e profundidade. Despois analizouse o seu historial clínico para relacionar a aqueles que tiñan antecedente de enfermidade cardiovascular (infarto ou ictus). O 31% dos suxeitos estudados presentou pliegue diagonal no lóbulo (PDL).

Por todo iso, os autores recomendan ás persoas que teñan estes pliegues e non estean diagnosticadas dalgunha enfermidade cardiovascular que se realicen un recoñecemento, pois é probable que presenten algún factor de risco como hipertensión, diabete ou hipercolesterolemia que será necesario controlar para previr posibles complicacións cardíacas.

Esta entrada foi publicada en Sabías que?, Saúde. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta