Actividades distintas? Lentes diferentes

06-Gafas-cristal-espejoCoas temperaturas subindo e o verán achegándose, as lentes de sol volven situarse como un accesorio indispensable para a protección dos ollos. E aínda que en moitas ocasións a elección das lentes é exclusivamente estética cada cor ten unha utilidade.
Así, as lentes de cor gris transmiten luz de maneira uniforme, o que as converte nas máis apropiadas para un uso xeral xa que fan que as cores identificadas están preto das cores naturais e, aínda que se adaptan facilmente a calquera tipo de iluminación, recoméndase o seu uso para a condución.
As lentes amarelas son efectivas con pouca luminosidade porque melloran a visión de contraste en días nubrados e poden supor unha axuda á seguridade aínda que coidado! en días asollados poden provocar erros na percepción das luces dos semáforos.
Para practicar deportes ao aire libre as lentes marróns ofrecen unha visión cómoda pois filtran as radiacións azuis, producen un efecto relaxante e aumentan a profundidade de campo pero sen realizar grandes alteracións das cores. Tamén son adecuadas en casos de miopía (cando os raios de luz paralelos en lugar de converxer na retina fano nun un punto focal situado diante desta, facendo que vexamos mal os obxectos afastados.
Se practicamos deportes náuticos o mellor é optar por lentes verdes porque reducen a luz visible sen interferir coa nitidez da visión. Tamén en casos de hipermetropía, cando a imaxe fórmase detrás da retina, facendo que o ollo vexa mal obxectos próximos.
As lentes polarizadas eliminan os molestos deslumbramientos producidos por superficies moi reflectoras como a neve ou a auga e garanten unha maior comodidade, unha visión rica en contrastes e eliminan brillos excesivos, reducindo deste xeito a fatiga ocular. Son, por tanto, lentes ideais para as persoas con sensibilidade á luz e ademais protexen 100% contra os raios UV. Agora, elixe ti.

 

Esta entrada foi publicada en Sabías que?, Saúde. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta