Deseño para unha vida mellor

QDRUM é un recipiente de auga en forma de tambor deseñado en Sudáfrica para aliviar a carga diaria da recolección de auga. Lembremos que nas zonas rurais do mundo en desenvolvemento moitas mulleres e nenos deben facer varias viaxes cada día a un río, pozo ou fonte para recoller auga para as súas familias. Este recipiente afórralles tempo porque lles permite transportar  50 litros nunha soa viaxe. Tamén axuda a previr lesións nas costas e o pescozo causados polo transporte de cargas pesadas sobre a cabeza.

A súa particularidade reside nun buraco central a través do cal se ata unha corda, para tirar facilmente ou rodar o tambor a través de calquera tipo de terreo.

Está fabricado a partir de polietileno de baixa densidade lineal polo que é practicamente indestructible e o suficientemente resistente para durar, polo menos, oito anos usado diariarmente. Non ten asas extraíbles ou outros accesorios de metal que poderían perderse ou romper. O cable utilizado para tirar do QDRUM pode ser reparado no acto ou, en caso de perda, ser substituído facilmente.

Esta entrada foi publicada en Sabías que?. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta