Fontarnauita, un novo mineral

Fontarnauita é o nome elixido para un novo mineral que foi presentado hoxe mércores 4 de febreiro  en Barcelona. Este sal dobre de sodio e estroncio con potasio e calcio, de fórmula (Na,K)2(Sr,Ca)(SO4)[B5O8(OH)].2H2O foi descuberta en 2.009 por expertos dos Centros Científicos e Tecnolóxicos e da Facultade de Xeoloxía da Universidade de Barcelona nunhas sondaxes xeolóxicas na conca sedimentaria de Emet, na rexión turca de Anatolia, nun dos xacementos do Mioceno máis importantes do mundo en boratos minerais. Con todo, non foi até o pasado 8 de setembro cando foi aprobado como novo mineral pola CNMNC (Commission on New Minerals, Nomenclature and Classification) da Asociación Mineralógica Internacional (IMA). O seu curioso nome elixiuse para homenaxear ao científico catalán Ramon Fontarnau i Griera (1.944-2.007), responsable do primeiro microscopio electrónico de varrido de España e de varios dos equipamentos (difracción de raios X, microscopia electrónica e microsonda electrónica) que se empregaron para caracterizar o novo mineral.

Esta entrada foi publicada en A imaxe do día, Sabías que?. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta