Unha nova especie de dinosauro

Paleontólogos da Universidade de Alberta (Canadá) descubriron unha nova especie de dinosauro herbívoro cun pescozo que chegaba aos 7,5 m de lonxitude. Este achado foi posible a partir dun esqueleto fósil atopado en China ao que se bautizou como Qijianglong (dragón de Qijiang) polo seu descubrimento preto de Qijiang City. Os restos atopados teñen a peculiaridade de manter a cabeza unida ao pescozo, un acontecemento pouco frecuente  (só no 5% dos casos) pois a cabeza é tan pequena que se desprende facilmente tras a morte do animal. Qijianglong foi un dinosauro terrestre que medía uns 15 metros de lonxitude e viviu fai uns 160 millóns de anos, durante o Xurásico tardío. A pesar do seu enorme tamaño tiña un pescozo lixeiro pero sorprendentemente ríxido e con maior mobilidade en flexión vertical que cara aos lados, polo que o seu movemento sería similar a un guindastre de construción. O esqueleto atópase agora nun museo en Qijiang.

Esta entrada foi publicada en A imaxe do día, Sabías que?. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta