Implante de última xeración

Unha nena de 8 anos diagnosticada dunha malformación de oído medio e interno, que daba lugar a unha perda importante de audición, foi operada na Clínica Universidade de Navarra do primeiro implante de oído medio de última xeración en España. A cirurxía foi efectuada o pasado 4 de decembro e a exitosa activación tivo lugar o día 12 deste mes.

O novo implante é un sistema avanzado de implante de oído medio que se coloca nalgún elemento da cadea de ósos  ou nalgunhas das entradas ao oído interno mediante intervención cirúrxica. A vantaxe máis significativa do novo implante respecto dos audífonos está nunha calidade do son moi superior, evítanse  algúns problemas que poden derivarse do uso de audífonos, como irritación ou infeccións, debidos aos moldes que deben colocarse no conduto auditivo e a paciente poderá  someterse posteriormente a resonancias magnéticas sen a necesidade de retirar o implante.

Ilustración do novo implante avanzado de oído medio. (CUN)-Diario Médico

Esta entrada foi publicada en Saúde. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta