Descuberta unha nova especie de solénido


En España, o grupo dos moluscos solénidos comerciais está formado, fundamentalmente, por tres  especies: navalla (Ensis magnus) longueirón  (Ensis siliqua) y longueirón vello (Solen marginatus). Pero iso era até agora. Joaquín Vierna, Alejandra Perina, Andrés Martínez-Lage e Ana González-Tizón son catro biólogos da Universidade da Coruña que en colaboración coa Universidade de Wageningen (Países Baixos) e coa empresa AllGenetics, acaban de facer público un traballo de investigación no que confirman a existencia dunha nova especie de navalla, a Ensis minor que se atopou nas localidades de Lira e Vigo.

Durante o traballo de investigación determinaron o número de especies deste tipo de molusco que habitan na nosa costa atlántica mediante o estudo de secuencias curtas do a súa existencia pasouse por alto nas nosas costas debido ao seu elevado parecido morfolóxico coa Ensis siliqua.

Esta entrada foi publicada en Biodiversidade. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta