A vida en 2:48 minutos

Unha antiga tradición chinesa sostén que cando un neno sobrevive ao seu centésimo día de vida agárdalle un futuro cheo de éxitos. Pois ben, Mei Lun e Mei Huan son dous cachorros de panda xigante que naceron o 15 de xullo de 2013 no zoolóxico de Atlanta, no estado de Georgia  (USA) e que acaban de celebrar os seus primeiros 100 días. As autoridades do zoolóxico esperaron todo este tempo para presentalos en sociedade porque os primeiros días de vida dun panda son de alto risco.

Son o cuarto e quinto descendiente de Lun Lun e Yang Yang e representan os primeiros pandas xigantes nacidos en Estados Unidos este ano e os primeiros mellizos desta especie que ven a luz no país desde 1987.
Os seus nomes foron elixidos por votación nacional, na que participaron máis de 51.000 persoas, entre os que proporcionou o persoal da Base de Investigación Chengdu de Crianza de Pandas Xigantes en China. Significan algo indescriptiblemente fermoso e magnífico. Sen dúbida sono.


Esta entrada foi publicada en A imaxe do día, Biodiversidade, Sabías que?. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta