O Premio Nobel en Fisioloxía ou Medicina 2.013

Este ano, o Premio Nobel en Fisioloxía ou Medicina foi para dous científicos estadounidenses, Randy W. Schekman e James E. Rothman e mais para o doutor alemán Thomas C. Südhof.

O doutor Schekman, un químico de 64 anos profesor da Universidade de California, descubriu 50 xenes involucrados no movemento vesicular e o papel das produtos proteínicos dos mesmos no transporte molecular dentro das células.Traballou moitos anos con Alfred Komberg, ganador do Nobel en 1959 polas súas investigacións do proceso de síntese do ADN.

O doutor Rothman, nacido en 1947 é licenciado en Física e Doctorado en Química Biolóxica pola Universidade de Harvard. Actualmente traballa na Universidade de Yale. Este investigador descubriu a chave molecular encargada da transferencia de materia no interior celular, o cal permitiu a mellor comprensión de procesos tan fundamentais para as ciencias médicas como o mecanismo de entrada dos virus para infectar ás células.

Pola súa banda, o doutor Südhof naceu en 1955 en Gotinga. É licenciado en Ciencias Médicas na Universidade da súa cidade natal. Desde 2008 é profesor de Fisioloxía Molecular e Celular da Universidade norteamericana de Stanford.
Ata a publicación dos seus traballos, non se coñecía de certo como ocorría a fusión das vesículas coa membrana plasmática no proceso da neurotransmisión. Os seus últimos traballos tratan de  determinar como as proteínas prexudican a química cerebral, unha das posibles causas do autismo e a esquizofrenia.

Os premios Nobel outórganse anualmente a persoas que fixeron achegas relevantes no campo da medicina e a fisioloxía, a física, química, a literatura, a paz e a economía. Os premios creáronse como última vontade do Alfred Nobel, inventor da dinamita e industrial sueco, que asinou a súa testamento no Club Sueco-Noruego de París o 27 de novembro de 1895. Cada laureado recibe unha medalla de ouro co perfil esquerdo da cara de Alfred Nobel, acompañada das súas datas de nacemento e falecemento, un diploma e unha suma de diñeiro que depende dos ingresos da Fundación Nobel dese ano. Como marca a tradición, a entrega dos Premios Nobel 2013 de Fisioloxía ou Medicina será en Estocolmo o día 10 de decembro, aniversario da morte de Alfred Nobel.

Esta entrada foi publicada en A imaxe do día. Garda o enlace permanente.

One Response to O Premio Nobel en Fisioloxía ou Medicina 2.013

  1. Pingback: A imaxe do día | Blog Guia

Deixa unha resposta