Unha moa con moito xuízo

No Laboratorio de Investigación en Odontoloxía da Universitat Internacional de Catalunya (UIC) estableceuse un protocolo para illar e identificar células nai pluripotentes extraídas da polpa dental do terceiro molar, a coñecida moa do xuízo. O equipo utilizou o terceiro molar  porque é o derradeiro dente que se desenvolve nos humanos e frecuentemente debe ser extraído por problemas na súa erupción. Observouse que estas células sempre están presentes na polpa dental e conseguiuse illalas en adultos de entre 14 e 60 anos. Esta investigación podería chegar a unha fase clínica e, nun futuro, demostrar a rexeneración de tecidos óseos, neuronais e hepáticos, dando lugar a múltiples posibilidades terapéuticas.

Esta entrada foi publicada en Saúde. Garda o enlace permanente.