Ás voltas co cambio climático

A temperatura media da superficie da Terra subiu 0,74 ºC desde finais do século XIX.

Prevese que para o ano 2100 subiría entre 1,8 ºC e 4 ºC ou máis se non se fai nada para impedilo. Iso supón un cambio rápido e intenso no tempo xeolóxico.

Mesmo se «só» subise 1,8 ºC sería un aumento de temperatura maior que en ningún outro século nos últimos 10 000 anos.

É probable que ao redor dun 20-30% das especies vexetais e animais corran un maior risco de extinción se a temperatura media mundial sobe por encima dunha marxe de 1,5 – 2,5 ºC.

O nivel medio do mar subiu entre 10 e 20 cm ao longo do século XX. Espérase que para 2100 subise entre 18 e 59 cm máis. As temperaturas máis altas provocan que o volume dos océanos se expanda. Ao derretirse, os glaciares engaden máis auga aos océanos. Así, a medida que o branco brillante do xeo e a neve deixa paso ao azul mariño escuro, redúcese cada vez máis a capacidade para reflectir os raios do sol, o cal intensifica o quecemento.

As organizacións ecoloxistas, como o WWF, Amigos da Terra ou Greenpeace, publicaron novos informes sobre o impacto do cambio climático e denuncian que os seus terribles efectos xa se notaron este mesmo ano, como o desxeo do Ártico, as ondas de calor deste verán en España ou o furacán Sandy.

Doha é a capital do emirato petroleiro de Catar,  un país onde no verán  os 50°C son habituais e o mes no que estamos, cos seus 30° á sombra, é considerada a tempada fría. Un lugar onde os impostos non existen, onde polas súas avenidas circulan grandes automóbiles: limosinas, pickups e monovolúmenes,  onde  o aire acondicionado está en marcha en todos lados: no hotel, no taxi, na universidade e, por suposto, nos inmensos centros comerciais. Pois ben, desde  este luns, 26 de novembro, até  o venres 7 de decembro 2012 no seu Centro nacional de convencións desenvólvese a 18ª Conferencia anual  sobre o cambio climático. 17.000 delegados de 192 países volven reunirse co obxectivo de avaliar os progresos dos distintos países na redución da emisión dos gases de efecto invernadoiro. La Cumbre deberá decidir o futuro do Protocolo de Kioto despois de que este expire a finais  deste ano e esbozar as bases para a firma dun segundo compromiso (Kioto 2). Pero un ano máis, China e Estados Unidos (os dous países que máis contaminan a Terra) están a obstaculizar a loita contra o cambio climático e, de momento, só a Unión Europea ha aprobado reducir as súas emisións un 20% no 2020. Triste.


 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta