Adeus a George

O pasado domingo morreu o solitario George, chamado así porque era o único exemplar da súa especie que sobrevivía na Illa Pinta, foi atopado morto na súa cova polo seu garda do Parque Nacional Galápagos.

George era a última tartaruga xigante da especie Geochelone abingdoni que foi achado en 1.972 na illa Pinta, a máis setentrional das Illas Galápagos. Os especialistas non lograron que a tartaruga macho deixase descendencia en 35 anos de esforzos, que incluíron o apareamiento inicial con femias da especie de Volcán Wolf, da illa Isabela, coas que conseguiu aparearse tras 15 anos de convivencia, pero os ovos non foron fértiles. Posteriormente, colocáronse na súa gorida femias da especie da illa Española, xeneticamente máis próxima, coas que se atopaba até hoxe. Nas últimas décadas  catro das  especies de tartarugas destas illas, que axudaron a Charles Darwin a elaborar a súa teoría da selección natural, desapareceron debido  á caza e á disputa por alimentos con centos de cabras que foron introducidas desde o continente ás illas na década de 1950. As tartarugas xigantes chegan a alcanzar até 1,50 metros de longo e a poboación maioritaria está nas illas Isabela e Santa Cruz.

 

 

Esta entrada foi publicada en Biodiversidade. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta