Uroptychus cartesi é galego

Uroptychus cartesi, este é o nome científico dun pequeno cangrexo alaranxado de entre cinco e sete centímetros, incluíndo as patas, achado a máis de 1.400 metros de profundidade, donde vive entre corais e gorgonias, en zonas onde houbo pouca explotación pesqueira. Cando baixo o marco do proxecto LIFE+ INDEMARES  o Instituto Español de Oceanografía realizou a súa segunda campaña, co obxectivo de estudar a estrutura e dinámica dos ecosistemas profundos do Banco de Galicia, atopouse con esta nova especie, a quinta  da Familia Chirostylidae, moi pouco diversa nas augas atlánticas europeas e máis semellante a Uroptychus armatus, que habita o Mar Caribe. O nome concedido a este  decápodo é na honra a  Joan Cartes,  investigador do Instituto de Ciencias do Mar de Barcelona.

Esta entrada foi publicada en Biodiversidade. Garda o enlace permanente.