A colisión entre A Vía Láctea e Andrómeda

Nesta ilustración móstrase unha etapa da fusión prevista entre a nosa galaxia, a Vía Láctea e a veciña galaxia de Andrómeda, que está agora a unha distancia duns 2,5 millóns de anos luz ou, o que é o mesmo, a 23.635.637.388.720 quilómetros. Como resultado da colisión ambas acabarán fusionadas nunha. O Sol non resultará destruído no choque, aínda que acabará nunha posición diferente da actual. As dúas galaxias están a se aproximar debido á mutua atracción gravitatoria que exerce a materia, incluída a materia escura que rodea a unha e a outra. Aínda que isto sábese hai tempo, calcular con detalle como e cando se producirá a colisión esixiu medir con gran precisión o desprazamento de Andrómeda co telescopio espacial Hubble e concretar os cálculos mediante simulacións por computador levadas a cabo no Instituto do Telescopio Espacial, en Baltimore, EE UU que conclúen que a galaxia de Andrómeda, tamén chamada M31, achégase a nós a unha velocidade de 400.000 quilómetros por hora, velocidade suficiente como para ir da Terra á Lúa nunha hora. Segundo os cálculos, tras a colisión pasarán outros 2.000 millóns de anos ata que as dúas galaxias, interactuando, fúndanse completamente formando unha soa de forma elíptica cun núcleo. É posible que un terceiro conxunto estelar, unha pequena compañeira de M31, a galaxia do Triángulo (M33), acabe tamén chocando e fundíndose coas outras dúas. Este tipo de colisións e fusións non son raras no universo, e eran aínda máis correntes no cosmos primitivo, máis pequeno que o actual. Pero tranquilos, ocorrerá dentro duns 4.000 millóns de anos.


Esta entrada foi publicada en Sabías que?. Garda o enlace permanente.