Fotografado por primeira vez un exemplar de orca albina

Un grupo de científicos rusos lograron avistar a este raro exemplar, ao que bautizaron como Iceberg

Científicos rusos lograron fotografar por primeira vez un exemplar de orca albina no Pacífico norte, ao leste da península de Kamchatka. Os investigadores bautizaron a este raro exemplar co nome de Iceberg.

A orca foi vista xunto a un grupo doutras 12 baleas preto das Illas do Comandante, nunha das maiores reservas mariñas de Rusia. As fotografías foron publicadas pola web Russian Orcas.

En moitos sentidos, Iceberg é un símbolo de todo o puro, salvaxe e extraordinariamente emocionante que hai no océano esperando a ser descuberto, asegurou Erich Hoyt, codirector de Far East Russia Orca Project (FEROP) e engadiu: O reto é manter o océano san para que este tipo de sorpresas sexan posibles.



Esta entrada foi publicada en Biodiversidade, Sabías que?. Garda o enlace permanente.