“A hora do planeta”: a utilidade de apagar a luz

Reciclar, usar menos o automóbil e comprar en comercios locais son accións concretas que se poden facer para reducir o impacto do cambio climático. E o pasado 26 demarzo, tratouse de apagar as luces.

Centos de millóns de persoas de todo o mundo participaron en “A hora do planeta”, un evento anual no que se lle pide á xente que apague as luces ás 20:30. En 2010, 1.000 millóns de persoas en máis de 4.500 cidades de 128 países, apagaron as luces en “A hora do planeta”, un logro substancial, se se compara cos seus inicios en 2007, cando se sumaron 2 millóns de persoas.

A iniciativa de sensibilización pública, organizada polo Fondo Mundial da Natureza, (WWF, polas súas siglas en inglés) comezou en Sydney, Australia, como un esforzo local. Desde 2009, “A hora do planeta” tomou carácter global. Pois é o momento en que os cidadáns de todo o mundo se xuntan nunha acción común contra o cambio climático. É unha hora na que se escoita unha voz global.

Outros dos grandes logros deste apagamento mundial, segundo o criterio do WWF, foi o de crear unha plataforma cidadá para negociar cos gobernos e as compañías internacionais para que tomen accións concretas que protexan ao medio ambiente.En América Latina, países como Brasil, Colombia, Honduras, Chile e Arxentina son dos grandes seguidores desta iniciativa. De feito este ano, o presidente de Colombia, Juan Manuel Santos, sumouse aos líderes e figuras mundiais que realizaron un vídeo apoiando “A hora do planeta”.

Segundo o anuncio do secretario xeral de Nacións Unidas Ban Ki-moon, “imos unirnos para celebrar esta misión compartida de protexer o planeta e garantir o benestar humano. Usemos 60 minutos de escuridade para axudar ao mundo a ver a luz”.

Esta entrada foi publicada en Cambio climático. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta