A desaparición das abellas xa é un problema global

As pesticidas minguan as colmeas.

A polinización dos cultivos, esencial para a alimentación da humanidade, está en perigo pola crecente desaparición de abellas en todo o mundo. Un problema que xa pode considerarse global, despois do informe feito público polo Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), que asegura que este fenómeno se estendeu a novas rexións do planeta.

 Até agora, só se rexistrou un alarmante aumento de mortes en EEUU e nalgunhas rexións de Europa, incluída España. Con todo, segundo o informe de PNUMA, nos últimos anos o problema estendeuse a Australia, China, Xapón e o norte de África, na ribeira do Nilo. O informe sinala que esta grave diminución das colonias débese a múltiples factores, como o cambio climático, a contaminación, as pesticidas e o crecente papel de determinados parásitos, que están a minguar os cultivos. A importancia destas desaparicións é altísima, xa que nas últimas décadas multiplicouse o número de cultivos dependentes da polinización por abellas. No caso de determinadas froitas, a produción de sementes diminúe en máis do 90% ao desaparecer estas eficientes polinizadoras.  

Esta entrada foi publicada en Cambio climático. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta