É mellor ser máis sucios?

É a obsesión do mundo moderno coa hixiene responsable da epidemia global de alerxias?Non se trata dun escenario ficticio. Está a pasar aquí e agora. O incremento inexorable das alerxias é real e estanse convertendo nunha ameaza seria para a saúde das futuras xeracións.Hai un século eses problemas non existían. Agora, nalgunhas partes do mundo, as alerxias afectan a un terzo dos adultos e a case a metade dos nenos. De acordo con estudos científicos, as alerxias están a volverse cada vez máis severas. Se a súa propagación continúa a este ritmo, podería converterse nun dos principais desafíos médicos do próximo século. A pregunta clave é: por que se están alterando tanto os nosos corpos? A culpa, sospéitase desde hai varios anos, parece ser da obsesión pola hixiene. Expertos en inmunología revelan que precisamente o cada vez máis reducido contacto con bacterias e parásitos está a afectar a capacidade do sistema inmunológico de autorregularse. As respostas inmunes que se desenvolveron ante a presenza de certos microbios hanse exasperado pola súa ausencia.Como resultado, as defensas do corpo volvéronse perigosamente hipersensibles a elementos como o po, as mascotas e a comida. E non se trata só de alerxias. “A mesma disfunción é tamén responsable doutras enfermidades relacionadas co sistema inmunológico, incluíndo tres formas de diabetes tipo 1, enfermidades inflamatorias do intestino e a esclerose múltiple”, sinala Guy Delespesse, director do laboratorio para a investigación das alerxias da Universidade de Montreal.

Demasiado limpos? A incidencia desas enfermidades aumentou exponencialmente. En 1980, só 10% da poboación occidental sufría de alerxias. As alerxias teñen un forte compoñente hereditario, pero o seu rápido aumento e a súa peculiar propagación suxiren que hai factores ambientais que están a intervir. Mentres que nos países en vías de desenvolvemento as alerxias son pouco comúns, en Occidente son máis frecuentes. Nas nacións ricas, as alerxias son moito máis comúns en cidades que en áreas rurais.

Esta entrada foi publicada en Saúde. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta