Árbores artificiais para frear o cambio climático

O profesor de xeofísica na Universidade de Columbia  Klaus Lackner inspirouse nun proxecto que a súa filla Claire presentou para a súa clase de ciencias. Deseñou unha árbore sintética que ten a capacidade,  do mesmo xeito que as follas das árbores reais, de absorber dióxido de carbono (CO2) da atmosfera. De acordo á teoría de Lackner, o dióxido de carbono extraído mediante estas árbores artificiais podería ser almacenado baixo terra de maneira segura e permanente. Segundo o experto, este método podería ser unha alternativa -unha forma de gañar tempo- ata que os científicos poidan crear fontes de enerxía que non utilicen carbono. Pero, como son estas árbores das que fala Lackner? “Igual que unha árbore real, esta árbore tería unha estrutura para mantelo de pé -o equivalente a un tronco- explicoulle á BBC o científico. A diferenza dunha planta real, donde as follas se estenden para captar a luz solar e levar a cabo o proceso de fotosíntesis, neste modelo non fai falta que as follas dunha árbore artificial estean despregadas, xa que non necesitan os raios do sol e por tanto non requiren moito espazo. Pero… como funciona? Cando a filla de Lackner comezou a traballar nunha tarefa para o taller de ciencia da súa escola, descubriu que podía extraer o dióxido de carbono do aire ao facelo pasar a través dunha solución de hidróxido de sodio.Da noite para a mañá, Claire logrou colleitar a metade de CO2 do aire que pasara por esta solución. Cando o CO2 entra en contacto co hidróxido de sodio absórbese e produce unha solución líquida de carbonato de sodio. Esta solución líquida é a que Lackner cre que se pode recuperar e transformar máis tarde nun gas, para ser almacenado no fondo mariño. Tamén traballa na creación de pequenas árbores domésticas que os cidadáns poden instalar no seu xardín ou sobre o tellado dun edificio. O dióxido de carbono resultante podía ser reutilizado polas familias como fonte de enerxía.

Esta entrada foi publicada en Cambio climático. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta