As microalgas, unha arma diminuta para loitar contra o cambio climático

As microalgas mariñas convertéronse, pola súa capacidade para retirar CO2 da atmosfera, nunha arma para loitar contra o cambio climático, unha aplicación que se investiga no Instituto de Ciencias Mariñas de Andalucía (ICMAN-CSIC).Este centro, situado no campus de Puerto Real (Cádiz) acolle a maior colección de España de microalgas, con máis de 300 cepas, tanto autóctonas como foráneas. As microalgas son fundamentais no estudo do cambio climático, xa que son un elemento amortiguador da acumulación do CO2 atmosférico. Trátase de microorganismos illados do fitoplancto (primeiro elo da cadea trófica), que xeralmente se conservan en cultivo, e utilízanse para estudos en laboratorio ou aplicacións biotecnológicas de utilidade para o home.

Esta entrada foi publicada en Cambio climático. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta