Cada vez máis preto da eterna mocidade

Os científicos están cada vez máis preto de desvelar os segredos do envellecemento e algúns cren que pronto poderiamos contar con tratamentos para atrasar ou mesmo reverter a vellez. Pero … poderá a ciencia realmente lograr a eterna mocidade? e cales son os riscos de entrometerse cos procesos biolóxicos do ser humano? O proceso de envellecemento é complexo e aínda que durante moito tempo foi un misterio impenetrable agora estase logrando algún progreso.

O ano pasado, un equipo do Instituto de Cancro Dana-Faber, en Estados Unidos, publicou un estudo en Nature no que detallaba como revertera o proceso de envellecemento en ratos. Os investigadores enfocáronse nos cromosomas dentro do núcleo das células, especificamente nos telómeros, situados nos extremos dos cromosomas. A súa función é protexer aos cromosomas dos danos e encárganse da división celular. Pero a medida que pasa o tempo vanse reducindo ata que as células xa non son capaces de replicarse. Durante a investigación manipulous a encima que regula aos telómeros, chamada telomerasa, acendéndoa e apagándoa, e lograron obter resultados “sorprendentes”.Entender o proceso do envellecemento axudaranos a combater a artrite, a diabetes, a enfermidade cardiovascular, e todos os trastornos relacionados coa idade. Por suposto, o estudo foi levado a cabo en ratos e aplicar os mesmos principios a seres humanos será un desafío moito máis grande.

Esta entrada foi publicada en Saúde. Garda o enlace permanente.