O anfibio que logrou parar unha estrada

 

A salamandra rabilonga  (Chioglossa lusitanica) un anfibio cualificado como vulnerable e para a que se deben tomar as medidas necesarias para instaurar un sistema de protección rigoroso. A principios do pasado verán produciuse un achado de poboacións de salamandra rabilonga  en Caritel,  un pequeno pobo situado entre os concellos pontevedreses de Pontecaldelas e A Lama. Enseguida as asociacións ecoloxistas puxéronse en pé de guerra e uníronse á petición dos veciños de que a Xunta de Galicia reformase o trazado da estrada PO-255 ao seu paso por esta zona.
Cinco meses despois, o Goberno autonómico tomou  unha decisión conforme á regulamentación ambiental e decidiu parar os traballos no viario e encargar un estudo sobre a súa afectación a esta especie animal.

Esta entrada foi publicada en Sabías que?. Garda o enlace permanente.