Cambio climático, por que debe importarnos?

A escaseza de auga ou alimentos e a subida das facturas eléctricas son algunhas das consecuencias do cambio global para os cidadáns

As dez razóns para telo en conta

1. Clima

Furacáns, incendios, secas, tormentas, ondas de calor… A década pasada foi a máis cálida dos últimos 1.300 anos. E a temperatura irá ascendendo, até en seis graos a finais de século. Segundo a ONU, o aumento do nivel do mar, sobre todo cando se derritan os polos, provocará fortes trombas de auga, afectando a dous millóns e medio de persoas ao ano para o 2080.

2. Consumo

O cidadán verase sometido a riscos que antes non tiña: non poderá prever cando se producirá a próxima seca ou onda de calor que provoque un pico de consumo enerxético e, por tanto, unha caída do sistema eléctrico. A produción hidroeléctrica nos países mediterráneos diminuirá, pero a nosa demanda será cada vez maior. As compañías terán que abonar impostos polas emisións provocadas polo petróleo, que será máis caro. Como consecuencia, o cidadán pagará máis polas facturas de subministración de auga, gas e electricidade.

3. Economía

A escala global, calcúlase que as perdas económicas asociadas a desastres naturais pasaron de 131.000 millóns de dólares na década 1970-1980 a 629.000 millóns de dólares nos anos noventa.

4. Alimentos

O investigador do Instituto de Ciencias do Mar de Barcelona Francesc Piferrer publicou este verán un estudo que afirmaba que a temperatura á que están sometidos os peixes durante o seu desenvolvemento temperán é o que determina se será macho ou femia. Pero a produción de carne tamén pode perigar porque … sabedes cantos litros de auga necesítanse para producir un filete? 7.000 litros, unha piscina enteira!. Algo totalmente insustentable tendo en conta a escaseza de auga.

5. Especies

A ONU  ofrece cifras desalentadoras: entre o 20% e o 30% das especies animais e vexetais do planeta extinguirase irremediablemente se o quecemento prosegue ao ritmo actual. Hai casos coñecidos de especies ameazadas, como os elefantes, pero tamén o están moitos microorganismos que non vemos pero que proporcionan servizos como a limpeza do aire ou da auga.

6. Auga

“O futuro da poboación humana está vinculado a dispoñibilidade da auga, e cada vez estarao máis” di Carlos Duarte, o biólogo Premio Nacional de Investigación, que o ano pasado participou na primeira expedición española ao Ártico. En setembro pasado perdeuse o equivalente ao xeo ártico que se fundiu nos últimos 15 anos.

7. Demografía

Existe unha conexión entre os cambios na temperatura e as guerras porque eses cambios afectarán á dispoñibilidade da auga, a extensión dos cultivos e a fertilidade dos terreos. Os máis prexudicados serán, como é habitual, os países máis subdesarrollados.

8. Transporte

Co fin de tentar reducir os maiores focos de emisión de CO2 cada empresa paga o seu anaco de “torta” en función do que consuma. No caso do transporte, unha das solucións é compartir coche: deste xeito reduciríanse notablemente as emisións de CO2 e de paso fomentamos a amizade!

9. Turismo

O sector turístico e de lecer pode verse afectada de forma indirecta polo cambio climático. A maior parte da actividade turística en Españadepende de se fai ou non bo tempo no verán. Se o tempo en Europa vólvese moito máis benigno polo aumento das temperaturas, será máis complicado que a xente veña a España.

10. Infeccións

Trastornos respiratorios e dixestivos, alerxias, enfermidades tropicais… Expertos como o doutor Rogelio López Vélez, responsable da Unidade Médica Tropical e Parasitología Clínica do Hospital Ramón e Cajal de Madrid, alertan de que a saúde humana é extremadamente sensible ao clima, sobre todo no caso de enfermidades das que son portadores os mosquitos: chikungunya, dengue, malaria ou cólera.

 

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta