Feliz aniversario, Darwin!

12-February-Darwin-Day

Publicado en A imaxe do día | Deixa un comentario

Todo un artista

Cando os mergulladores baixaban ao fondo do mar da illa Amami-Oshima, en Xapón, atopábanse cuns impresionantes debuxos circulares duns dous metros de diámetro. Que ou quen fora o responsable destes mandalas xigantes? A solución a este enigma desvelouse en 2.011 cando investigadores da revista Nature descubriron a un pequeno peixe globo de só 12 cm  do xénero Torquigener construíndo durante máis dunha semana estas estruturas. Bate as súas pequenas aletas para crear este niño circular que, finalmente, decorará con anacos de cunchas e coral. A femia, só se está satisfeita co traballo, achegarase  ao círculo central apenas un minuto. Irase. Volverá. E decidirá. Entón, o macho achegarase á femia con movementos relampagueantes. Se finalmente deixa aí os seus ovos, desaparecerá para sempre e o macho coidará da posta durante seis días, tempo suficiente para que o mar e as súas correntes acaben coa súa obra de arte. Non tentará arranxala, nin a reconstruirá no mesmo lugar. Irase a outra zona, non moi afastada, e o ritual volverá comezar.

Queres ver como traballa este artista? Mira o vídeo e gózao!

Publicado en Biodiversidade, Con nome propio, Sabías que? | Deixa un comentario

Unha audaz viaxeira

Imagen2Mponeg é a mina de ouro máis profunda do noso planeta situada en Carletonville, ao suroeste de Johannesburgo, en Sudáfrica. Aquí traballan 5700 mineiros desprazándose por máis túneles que os do metro de Nova York.

Nesta explotación, a 2,8 km de profundidade, sobrevive grazas á desintegración radioactiva de uranio das rocas adxacentes o primeiro ecosistema terrestre composto por unha única especie biolóxica, Candidatus Desulforudis audaxviator, sometida a unha temperatura de 60ºC, en total escuridade e sen osíxeno.

O longo percorrido cara ás profundidades da Terra desta bacteria cilíndrica foi posible porque conta con xenes sumamente versátiles que lle permiten producir todos os aminoácidos que necesita e obter nitróxeno directamente do medio ambiente. Lembremos que tanto o carbono como o nitróxeno son estruturas básicas da vida e utilízanse na formación de proteínas e ácidos nucleicos.

Os científicos do  Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley, en California, que  levaron a cabo a secuenciación do ADN da bacteria, tomaron unha mostra de auga da mina agardando secuenciar o xenoma enteiro da especie máis dominante da zona ou, quizais, dun 70% a 80% do xenoma de varias especies pero en lugar disto o que descubriron foi que máis do 99,9% do ADN da mostra proviña dun simple organismo e o resto serían rastros de contaminación da mina e do laboratorio.

Candidatus D. audaxviator representa ao tipo de organismo que podería ofrecernos a clave de vida baixo a superficie de Marte ou de Enceladus, unha das lúas de Saturno.

Por certo: o nome da bacteria procede da obra de Xulio Verne “Viaxe ao centro da Terra” onde o seu protagonista, o profesor Lidenbrock, descifra unha mensaxe que di en latín: “Descende, Audax viator, e alcanza o centro da Terra”.

Publicado en Biodiversidade, Sabías que? | Deixa un comentario

A xogar!

170112172644-paperfuge-diagnostic-tool-exlarge-169Na actualidade as centrifugadoras son un elemento esencial nos laboratorios biomédicos pois permiten facer xirar mostras de sangue a altas velocidades para acelerar a sedimentación dos seus compoñentes segundo a súa densidade. Desta maneira separan o plasma das células, o que permite diagnosticar un gran número de enfermidades.
Pero as centrifugadoras son aparellos caros e moitos países en vías de desenvolvemento non poden facer fronte ao gasto que supón a súa adquisición; en moitos casos, ademais, tampouco poden utilizalas correctamente pois os cortes de subministración eléctrica son habituais. Por iso, a centrifugadora de papel inspirada nun antigo xoguete, que acaba de ser deseñada por un grupo de estudantes da Universidade de Stanford (USA) podería ser a solución perfecta, xa que o seu custo é de apenas 20 centavos de dólar e non necesita electricidade para o seu funcionamento.
O resultado, chamado Paperfuge (papelfugadora) foi publicado en Nature Biomedical Engineering e consiste en depositar o sangue dentro de tubos capilares  entre dous discos de papel e suxéitanse con tiras de velcro. O movemento xiratorio para centrifugar lógrase enrolando e desenrolando, grazas a dúas asas de madeira, dúas cordas feitas de fío de pesca que atravesan o centro dos discos. Con este mecanismo conséguese centrifugar o sangue a unhas 20.000 revolucións por minuto (velocidade comparable ás centrifugadoras tradicionais) e pode alcanzar até 125.000 revolucións por minuto, a maior velocidade de rotación alcanzada por un aparello accionado con forza humana. Con este sinxelo mecanismo conséguese separar o plasma do sangue en dous minutos e pode usarse para detectar a malaria en menos de quince. Está claro que xogar estimula o inxenio!

Publicado en Sabías que?, Saúde | Deixa un comentario

Teño gripe?

Imagen1

A gripe estacional é unha infección provocada por virus que circulan por todo o mundo  e que poden afectar a calquera de nós pois se transmiten facilmente dunha persoa a outra.

Hai tres tipos de gripe estacional: A, B e C. Os virus gripais de tipo A clasifícanse en subtipos en función das diferentes combinacións de dúas proteínas da superficie do virus, as proteínas H (hemaglutininas), responsables da fixación do virus ao ácido siálico presente nas membranas das células do noso sistema respiratorio, e as proteínas N (neuraminidasas) que tamén recoñecen ao ácido siálico da membrana celular pero que realizan a súa función de maneira oposta, pois axudan ao virus a deixar a célula infectada. Aínda que son coñecidos máis de 15 tipos de hemaglutininas, as H1, H2 e H3 son as máis comúns en virus que infectan aos humanos. Tamén son clasificadas de acordo coa súa variedade as neuraminidasas e aunque son coñecidas 9, as N1 e N2 son as máis frecuentes na nosa especie.

Os virus de tipo B circulantes poden dividirse en dous grandes grupos ou liñaxes (B/Yamagata e B/Vitoria), e non se clasifican en subtipos.

Os virus de tipo C detéctanse con moito menos frecuencia e adoitan causar infeccións leves, polo que o seu impacto na saúde pública é menos importante.

Os virus A e B circulantes causan brotes e epidemias. É por iso que nas vacinas contra a gripe estacional inclúense as cepas pertinentes de virus A e B. Na actualidade están a circular no ser humano virus dos subtipos A (H1N1) e A (H3N2).

A gripe estacional caracterízase polo inicio súbito de febre alta, tose (xeralmente seca), dores musculares, articulares, de cabeza e garganta, intenso malestar e abundante secreción nasal. A tose pode ser intensa e durar 2 semanas ou máis. A febre e os demais síntomas adoitan desaparecer na maioría dos casos no prazo dunha semana, sen necesidade de atención médica.

A forma máis eficaz de previr a enfermidade e as súas consecuencias graves é a vacinación. Hai máis de 60 anos que veñen utilizando vacinas seguras e eficaces. Nos adultos sans a vacinación antigripal pode proporcionar unha protección razoable. Nos anciáns pode ser menos efectiva para previr a enfermidade, pero aínda así reduce a súa gravidade e a incidencia de complicacións e mortes.

A OMS recomenda a vacinación anual para as mulleres embarazadas en calquera etapa do embarazo, os nenos de 6 meses a 5 anos, as persoas maiores de 65 anos, os traballadores da saúde, os enfermos crónicos, para as persoas que corren maior risco de sufrir complicacións por mor da gripe e  para as que viven con pacientes de alto risco, ou que coidan deles.

O tratamento da gripe común baséase sinxelamente no control dos síntomas. A gripe debe seguir sempre o seu curso, pero pódense tomar certas medidas para aliviar os síntomas: acentuar o repouso, tomar un analxésico suave para acougar as molestias, a condición de que non teña contraindicacións, e beber auga e zumes en abundancia. Así mesmo, é de interese extremar as medidas hixiénicas habituais (lavarse frecuentemente as mans, usar panos desechables…) e taparse o nariz e a boca ao estornudar e/ou toser para evitar a transmisión da enfermidade ás persoas que rodean ao enfermo. Non hai ningún medicamento que cure a gripe, de modo que o seu tratamento redúcese ao alivio dos síntomas (antitérmicos, analxésicos…). Tamén é necesario lembrar que ao ser un proceso vírico non é eficaz o tratamento con antibióticos!

Se tes gripe xa sabes: dura sete días con tratamento médico, e sen él… tamén.

Publicado en Sabías que?, Saúde | Deixa un comentario

O que din as túas orellas

Imagen2A doutora Claudia Rodríguez López, do Departamento de Medicina Preventiva e Saúde Pública e Microbioloxía da Facultade de Medicina da Universidade Autónoma de Madrid  e o doutor Esteban López de Sá,  da Unidade de Coidados Agudos Cardiolóxicos do Hospital Universitario La Paz (Madrid) son os asinantes dun traballo de investigación presentado no  Congreso de Enfermidades Cardiovasculares  que se celebrou en Santiago de Compostela que determina que os pliegues cunha inclinación de 45º en ambas orellas deben ser considerados como marcadores de enfermidade cardiovascular, o que podería derivar nun infarto ou nun ictus.

A orella e o nariz son os únicos órganos que crecen durante toda a vida, por iso, cando unha persoa padece enfermidade arterioesclerótica tamén sofre pequenas lesións vasculares en diversas zonas. Se se dan este tipo de lesións na orella, prodúcese un crecemento desigual fomentando o pliegue.

López de Sá afirma que a forma do lóbulo da orella pode indicar ao médico a primeira ollada que a persoa podería padecer unha enfermidade cardiovascular ou múltiples factores de risco cardiovascular. Para chegar a esta conclusión, os doutores analizaron a 300 suxeitos cuxas orellas foron fotografadas e clasificadas segundo as características do pliegue: bilateralidade, inclinación, lonxitude e profundidade. Despois analizouse o seu historial clínico para relacionar a aqueles que tiñan antecedente de enfermidade cardiovascular (infarto ou ictus). O 31% dos suxeitos estudados presentou pliegue diagonal no lóbulo (PDL).

Por todo iso, os autores recomendan ás persoas que teñan estes pliegues e non estean diagnosticadas dalgunha enfermidade cardiovascular que se realicen un recoñecemento, pois é probable que presenten algún factor de risco como hipertensión, diabete ou hipercolesterolemia que será necesario controlar para previr posibles complicacións cardíacas.

Publicado en Sabías que?, Saúde | Deixa un comentario

Que é o MERS-CoV?

coronavirus_456pxA síndrome respiratoria de Oriente Medio (Middle East respiratory syndrome coronavirus (MERS-CoV son as súas siglas en inglés) é unha enfermidade infecciosa provocada por un virus ARN monocatenario positivo pertencente á familia dos coronavirus que causan unha serie de enfermidades nos seres humanos, desde o arrefriado común até a síndrome respiratoria agudo severo (SARS). Non se coñecen ben as orixes do virus pero crese que se orixinou en morcegos, transmitiuse a camelos e empezou a transmitirse de animais a persoas. O período de incubación de MERS (tempo entre cando unha persoa está exposta a MERS-CoV e cando empezan a ter síntomas) adoita ser duns 5 ou 6 días, pero pode variar de 2-14 días. MERS-CoV, do mesmo xeito que outros coronavirus, crese que se estendeu a partir de secreciones respiratorias dunha persoa infectada, como a través da tose. Con todo, as formas precisas de como se propaga o virus non están do todo claras.
Esta cepa de coronavirus que causa o MERS identificouse por primeira vez en 2012 en Arabia Saudita e estendeuse a outros países, entre eles Alemaña e Estados Unidos. Aínda que se transmite por contacto directo non o fai con facilidade pois é necesario un contacto estreito coa persoa afectada, como o que ten un médico ou un enfermeiro ao coidar a un afectado sen máscara de protección. Algunhas persoas infectadas desenvolven síntomas leves (parecidos ao arrefriado) ou ningún síntoma en absoluto e recuperanse ben pero non é o frecuente pois a maioría das persoas infectadas co MERS-CoV desenvolven unha enfermidade respiratoria aguda severa, incluíndo febre, tose e dificultade para respirar. Algunhas persoas tamén teñen síntomas gastrointestinales como diarrea, náuseas e vómitos e, posteriormente, complicacións máis graves como pneumonía e insuficiencia renal aínda que a maioría das persoas que morreron tiñan unha condición médica subxacente, con enfermidades crónicas previas.
Como non existe un tratamento antiviral específico recomendado para a infección MERS-CoV CoV nin unha vacina para previr a infección, apóiase ao enfermo con achegue de líquidos e tratamentos que lle axuden a respirar, baixar a febre…. Ademais é recomendable seguir as pautas cotiás que nos axudan a protexernos de enfermidades respiratorias:
– Lavarse as mans frecuentemente con auga e xabón. Se non hai xabón e auga dispoñibles, usar un desinfectante de mans a base de alcol.
– Taparse o nariz e a boca cun pano desechable cando se tosa ou estornude e tirar o pano ao lixo.
– Evitar tocarse os ollos, o nariz e a boca coas mans sen lavar.
– Evitar o contacto persoal, como bicar ou compartir vasos ou utensilios para comer, con persoas enfermas.
Pódese converter nunha ameaza global? A principal preocupación é que se poida transmitir con rapidez, de persoa a persoa. De momento, o virus non adquiriu esta propiedade. Como dicía o responsable da OMS, Keiji Fukuda, podería desaparecer por si só, continuar causando algúns casos ou explotar provocando numerosos brotes. Dalgunha maneira, todas as posibilidades están abertas, por agora.

Publicado en Sabías que?, Saúde | Deixa un comentario

Actividades distintas? Lentes diferentes

06-Gafas-cristal-espejoCoas temperaturas subindo e o verán achegándose, as lentes de sol volven situarse como un accesorio indispensable para a protección dos ollos. E aínda que en moitas ocasións a elección das lentes é exclusivamente estética cada cor ten unha utilidade.
Así, as lentes de cor gris transmiten luz de maneira uniforme, o que as converte nas máis apropiadas para un uso xeral xa que fan que as cores identificadas están preto das cores naturais e, aínda que se adaptan facilmente a calquera tipo de iluminación, recoméndase o seu uso para a condución.
As lentes amarelas son efectivas con pouca luminosidade porque melloran a visión de contraste en días nubrados e poden supor unha axuda á seguridade aínda que coidado! en días asollados poden provocar erros na percepción das luces dos semáforos.
Para practicar deportes ao aire libre as lentes marróns ofrecen unha visión cómoda pois filtran as radiacións azuis, producen un efecto relaxante e aumentan a profundidade de campo pero sen realizar grandes alteracións das cores. Tamén son adecuadas en casos de miopía (cando os raios de luz paralelos en lugar de converxer na retina fano nun un punto focal situado diante desta, facendo que vexamos mal os obxectos afastados.
Se practicamos deportes náuticos o mellor é optar por lentes verdes porque reducen a luz visible sen interferir coa nitidez da visión. Tamén en casos de hipermetropía, cando a imaxe fórmase detrás da retina, facendo que o ollo vexa mal obxectos próximos.
As lentes polarizadas eliminan os molestos deslumbramientos producidos por superficies moi reflectoras como a neve ou a auga e garanten unha maior comodidade, unha visión rica en contrastes e eliminan brillos excesivos, reducindo deste xeito a fatiga ocular. Son, por tanto, lentes ideais para as persoas con sensibilidade á luz e ademais protexen 100% contra os raios UV. Agora, elixe ti.

 

Publicado en Sabías que?, Saúde | Deixa un comentario

Caeu a nave Progress M-27 M

14302982871849A nave de carga non tripulada Progress M-27 M que debía levar 2,4 toneladas de subministracións, combustible, osíxeno, alimentos e equipos científicos á Estación Espacial Internacional (ISS) foi lanzada ao espazo o pasado 28 de abril desde o centro espacial de Baikonur, en Kazajstán e estaba previsto que se axustase co módulo Pirs do segmento ruso da ISS seis horas despois do despegamento. Por motivos descoñecidos, o lanzador Soyuz-2-1A situou á nave nunha órbita máis baixa do prevista, de 180 x 260 quilómetros de altura e 51,65º de inclinación no canto dos 193 x 238 quilómetros e 51,67º previstos e deixou de enviar datos telemétricos á Terra. Os esforzos por recuperar o control sobre ela resultaron infrutuosos, de modo que practicamente desde un comezo quedou claro que non alcanzaría o seu obxectivo e precipitaríase a terra. Así ocorreu: segundo a axencia espacial rusa, Roscosmos, a nave deixou de existir á 05.04 hora de Moscova (02.04 GMT) tras entrar nas capas densas da atmosfera, comezar a arder e precipitarse na parte central do océano Pacífico. O próximo cargueiro podería lanzarse á estación espacial antes do 8 de agosto, data prevista inicialmente no gráfico de voos da axencia espacial rusa. En calquera caso, a tripulación actual da ISS conta a bordo con subministracións suficientes, incluídos auga e osíxeno, para continuar con normalidade a súa vida no espazo.
A Estación Espacial Internacional (ISS) é un proxecto no que participan 16 países e que conta con tripulantes a bordo de maneira continuada desde o ano 2000, ten unha masa de preto de 450 toneladas e orbita a unha distancia de entre 335 e 460 quilómetros da Terra, cunha velocidade duns 27.000 quilómetros por hora. A tripulación actual da ISS está integrada polos rusos Antón Shkaplerov, Guennadi Padalka e Mijaíl Kornienko, a italiana Samantha Cristoforetti e os estadounidenses Terry Virts e Scott Kelly.

Publicado en A imaxe do día, Sabías que? | Deixa un comentario

O Hubble cumpre 25 anos

O complexo científico espacial, de 13,2 metros de longo, 4,2 de ancho e un peso de case doce toneladas foi posto en órbita desde o Centro Espacial Kennedy (Florida) o 24 de abril de 1990 pero non empezou con grandes logros: moi pronto os científicos descubriron que o seu espello principal tiña unha aberración esférica: o seu bordo externo estaba máis plano do desexable, o que facía que as imaxes se visen borrosas. O fallo solucionouse o 2 de decembro de 1993 cando os astronautas do transbordador espacial Endeavour repararon o telescopio e, desde entón, a nosa percepción do universo e o noso sitio nel nunca volveron a ser os mesmos. O Hubble sitúase nos bordos exteriores da atmosfera, en órbita circular arredor da Terra a 593 kilómetros sobre o nivel do mar, que tarda en percorrer entre 96 e  97 minutos. Aínda que vive no seu mellor momento, a misión do Hubble non poderá prolongarse moito máis e na súa etapa final convivirá co seu substituto: o telescopio espacial James Webb, que estará listo en 2018 e espérase que opere durante polo menos cinco anos. Tras a quinta e última misión en 2009 para reparar e mellorar os seus sistemas, a NASA anunciou que non esperaba que o telescopio espacial seguise funcionando máis aló de 2014. Con todo aí segue, e acaba de cumprir 25 anos.

As imaxes do Hubble inspiraron poesía, danza e música, como a canción Telescopio Hubble, do grupo español Lori Meyers, coa que a canle de televisión National Geographic conmemora o cuarto de século deste gran avance tecnolóxico.


Publicado en Sabías que? | Deixa un comentario